Unha artesa, un tesouro,

artesourando…

Onte, fariña e pan,

para amansar as fomes do corpo.

Hoxe, verbas esquecidas,

para amansar as fomes da ialma.

Unha artesa, un tesouro,

artesourando a nosa fala.

Buscar este blog

SUBSTANTIVOS PEXORATIVOS

  • Aghoiro: Persoa molesta e agobiante.
  • Bandallo: Persoa que non gusta do traballo e da limpeza. 
  • Bichicome: Persoa que quere todo para el. 
  • Bule bule: Persoa  inqueda.
  • Cancareño: Persoa que non ten capacidade de decisión. 
  • Cantamañanas: Persoa que fala moito pero non fai nada. 
  • Chancarello/a: Persoa que fala moito.
  • Cheiretas(Chineta): Persoa demasiado curiosa que quere saber o que pasa no seu entorno para controlalo todo. 
  • Cincotripas: Persoa moi delgada.
  • Falabarato: Persoa que fala e presume do que dí pero non cumple, non fai nada.
  • Fedello ou fosquello: Persoa inqueda que toca en todo. 
  • Fodiñas: Persoa que se mete cos demais para picalos. 
  • Furafollas: Persoa inqueda que toca en todo.
  • Lacazán-lacazana:Folgazán.  
  • Larapio/a:Persoa que rouba a comida.  
  • Lideiras:Persoa que non para. 
  • Mundrullo: Persoa apática e porca.
  • Pandorca:Paspana, que non presta atención.
  • Paneleiro/a: Persoa que fai a pelota. Tamén se lle aplicaba aos homes que facían os traballos da casa que antes solo se asociaban a muller.
  • Pantumineiro/a:Persoa que fai a pelota.
  • Paxó:Persoa apática e pouco disposta.
  • Pilincrín ou pilingrin : Home pouco traballador e irresponsable, xeralemente descoidado incluso na hixiene. 
  • Reghañada:Persoa que ri moito e escandalosamente.
  • Vivalavirghen: Persoa vividora que non toma responsabilidades. 
  • Xanciño: Persoa sen moito carácter, que sempre é gobernada por outros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario