Unha artesa, un tesouro,

artesourando…

Onte, fariña e pan,

para amansar as fomes do corpo.

Hoxe, verbas esquecidas,

para amansar as fomes da ialma.

Unha artesa, un tesouro,

artesourando a nosa fala.

Buscar este blog

VERBOS

  • Aghoar: Envexar algo que ten alguén, sobre todo comida
  • Aghoniar ou aghuniar: Sensación grasenta na gorxa e malestar que nos producen algunhas comidas. Aghunieime de tantos rexóns que comín.
  • Aleixarse: Ferirse e lesionarse gravemente.
  •  Arrimar ou ghobernar algo: Ordenar e limpar. Hoxe non vou que teño que arrimar a cociña.
  • Barear ou estar bareado: Persoa que perde as súas facultades mentais. Coitada, bareou redonda, perdeu o sentidiño todo.
  • Borreghar: Botar unha bronca, berrar. Miña nai borreghoume por romper os pantalóns.
  • Caír de cancallos: Dar unha caída moi aparatosa, xeralamente hacia atrás.
  • Cangar ou cancar: Meter as vacas no xugo.  Vai ti cancando as vacas ó carro que eu xa vou.
  • Embarrelar: Dícese da auga cano esta tiguida por barro ou terra O teu fillo embarreloume a aghua da tina. Hoxe o río baixa embarrelado.
  • Empichar:Botar asfalto. Empicharon o camiño do Xibao
  •  Encadillar:Trenzar
  • Enfuciñar(Cair de fuciños): Caer batendo coa cara ou darse un golpe nos morros.
  • Enghurrichar: Arrugar
  •  Esbarrollar (Erbarrollar): Muro ou terreo que se desfai, sempre caíndo hacia un lugar máis baixo do que está. Choveu tanto que se esbarrollou o muro do fondo do eido.
  • Escurrichar:Rematar ata a última gota o líquido dun recipente. Escurricha ben o aceite da botella que vai mui caro. 
  • Esfarrapar: Rasgar.  Esfarrapou a roupa toda na caída.
  • Esnaquizar: Romper en anacos.
  • Espirse: Sacar a roupa, devestirse.
  • Esprughar: Quitar a pel da froita ou das patacas. Esprúghalle a laranxa o mociño.
  •  Estafar: Estar moi canso, faltar o aire. Estafouse todo ao subir as escaleiras.
  • Fechar: Pechar.
  • Ghurghullar: Brotar auga facendo burbullas. De tanto que choveu ghurghullame a aghua na bodegha.
  • Latricar: Falar moito.
  • Marxir: Facer regos para plantar o centeo.
  • Repizar: Sacar algo dun sitio tirando forte pois está preso. Repiza a palla do bardeiro. Repizoume a chaqueta da man.
  • Turrar: Tropezar coa cabeza ou que algún animal te de coa cabeza. Xan tivo que ir ao médico porque lle turrou a vaca.

1 comentario: