Unha artesa, un tesouro,

artesourando…

Onte, fariña e pan,

para amansar as fomes do corpo.

Hoxe, verbas esquecidas,

para amansar as fomes da ialma.

Unha artesa, un tesouro,

artesourando a nosa fala.

Buscar este blog

DITOS E EXPRESIÓNS

  • Andar con fighuras: Decir que non queres algo cando no fondo o estás desexando. Non te andes con fighuras, e colle o diñeiro!
  • Andar ghalán, andar... Expresión para dicir ata logo.
  • Aínda non lle viches o cu a curuxa! Aínda non tes idea do dura que pode chegar a ser a vida.
  • A pulmiñán(a plomañán, a polmañán): Pola mañán.
  • Caiste da burra?: Décheste conta?
  • Da rapa a rebola, veña o demo e escolla: Expresión para dicir que duas cousas son igual de malas e da igual cal se escolla.
  • Devaghar: Despacio. 
  • Estar feito un monte de esterco: Expresión para dicir se está cansado, agotado e dolorido.
  • Estar feito un mundrullo(mondrullo): Expresión para dicir que está moi gordo.
  • Estar peneca: Expresión para dicir que está borracho.
  • Estar salado coma a pitrasca/ Estar salgado coma a pritasca/ Estar salado coma unha pilla: Expresión para dicir que a comida está moi salgada.
  • Febreiriño rabo torto, cos seus días vinteoito, si chegha a durar máis cuatro non queda nin can, nin ghato, nin raposa no buraco: Expresión para dicir que febreiro e o mes máis duro do ano.
  • Ir a fume de carozo: Ir moi rápido.
  • Ir a rogharlle con algho a unha persoa Ir a ofrecerlle algo. Vai rogharlle con castañas a Luisa, que nós non as damos comido todas
  • Ir devaghar: Ir despacio. Está facendo unha casa, pero vai devaghar.
  • Ir na llama: Ir moi rápido.
  • Lavar cabeza de porco con xabonete, e perder tempo, xabón e cheiro: Expresión para dicir que hai xente que non fai caso, e aínda que lle insistas estas perdendo o tempo con ela.
  • Lobeda de xente (Vir unha lobeda de xente ou era unha lobeda): Dise cando a un lugar ou casa acude moita xente coa soa intención de comer en grandes cantidades.
  • Moito e ben, pouco quen: Expresión para dicir que facer as cousas correndo non soe dar bo resultado.
  • Moza tenra: Moza guapa e non demasiado delgada.
  • Non andes con lume, que logho mexas na cama: Expresión que se lle dicìa ós nenos para asustalos e que non xogaran co lume.
  • Non callar: Expresión que se usa cando dúas cousas non coinciden ou non cadran.
  • Non te abrighes debaixo das follas, que te mollas: Expresión para dicir que aínda que se intente tapar unha cousa con outra, ao final a verdade sae a relucir.
  • Non te arrimes a aghua que ven a mariamanta: Expresión para asustar aos nenos cando se traballaba cerca do río, a mariamanta era un suposto monstro que vivía na auga e levaba nenos, así os pais traballaban máis tranquilos.
  • O bardeiro non se fai sin palla: Expresión para dicir que o que está gordo e porque come.
  • O carallo vintenove, que o trinta xa non pode: Expresión para dicir que aínda que as cousas parecia que non podían empeorar, empeoran.
  • O falar vai das queixas: Moita xente fala sen parar sen darse conta do que falan.
  • O que non quere caldo, sete tazas: Expresión para dicir que as veces por non querer facer ou comer algo, acabas facendo o dobre.
  • Outra vaca no millo: Outro máis que anda despistado, que non se entera.
  • Pareces un gharabizo montado nun pau: Expresión para sinalar a extrema delgadez de alguén.
  • Pouca lan e polas silvas: Expresión que se dí cando hai pouco de algo e aínda se estropea.
  •  Pozo fondo, soga larga, se non dobra non alcanza: Expresión que se o brazo non dobra e non chega a boca non podes comer .
  • Pregúntalle a Mateu, que é tan bo coma eu: Expresión para sinalar a pouca credibilidade do que di alguén.
  • Quen cala fode a quen fala: Expresión para dicir que as veces nunha discursión, calando, fastidias máis ao contrario, que seguíndolle a onda e gritando.
  • Ser un debullar: Actividade que implica gastar moito diñeiro. Non me estraña que foran a ruina, aquilo era un debullar!
  • Soghra e nora, e can e ghato, non comen ben no mesmo platos: Expresión para dicir que as noras e sogras non se ssoen levar ben.
  • Unha vella dille a outra polo burato da porta, métete na túa vida que a miña nada te importa: Cada un que se meta na súa vida e non na dos outros.
  • Un home é un home, e un ghato é un bicho: Expresión para alabar a boa maña de alguén cando da feito algo difícil.
  •  

No hay comentarios:

Publicar un comentario