Unha artesa, un tesouro,

artesourando…

Onte, fariña e pan,

para amansar as fomes do corpo.

Hoxe, verbas esquecidas,

para amansar as fomes da ialma.

Unha artesa, un tesouro,

artesourando a nosa fala.

Buscar este blog

O TEMPO


  • Bataghón: Chaparrón moi forte. A iso das doce caiu un bataghón de aghua.
  • Chuvia de paspallán: Chuvia que cae seguido pero con pouca intensidade
  • Esturruxeiro:Lugar onde o sol quenta moito. Sale dese esturruxeiro rapas que te vai dar algho.
  • Mormazar: Orballar.  

  • Pedraza: Granizo.Caiu unha cargha de pedraza que non deixou unha verza na horta.
  • Poallar: Orballar.
  • Zorreghar a chuvia ou chuvia zorreghada: Chuvia acompañada de vento que fai que veña en horizontal.


No hay comentarios:

Publicar un comentario