Unha artesa, un tesouro,

artesourando…

Onte, fariña e pan,

para amansar as fomes do corpo.

Hoxe, verbas esquecidas,

para amansar as fomes da ialma.

Unha artesa, un tesouro,

artesourando a nosa fala.

Buscar este blog

REFRANEIRO

 Durante o Entroido fixemos unha recollida de refráns sobre os oficios:
  • O que queira peixe, que molle o cu.
  • Brétema na montaña, pescador á cabaña.  
  • Pescador de caña, perde máis que ghaña.
  • Reunión de pastores, ovella morta.
  • A ovella que bala, o pastor vai buscala. 
  • Gado mal gardado, máis é do lobo que do amo.
  • No ano que moito chove, o labrego traballa máis que come.
  • O labrego quere o sol na porta e a chuvia na horta.
  • O que sementa e cría, tanto gaña de noite que no día. 
  • Mentres o labrego durme, o millo medra. 
  • Cando en xaneiro fai vran, vendelos bois e metelo en pan.
  • Polo San Silvestre saca os allos da reste.
  • A chuvia por San Xoan, tolle o viño e non da pan.
  • Un día de obra, un mes de vasoira.
  • Boa madeira, bo oficial espera.
  • Mercar e vender, bo camiño para enriquecer.
  • Machacando, machacando o ferreeiro vai afinando.
  • Na casa do ferreiro, coitelo de pau. 
  • Casa de ferreiro, espeto de pau. 
  • Nin ferrería sen fragua, nin vento sin agua.
  • Mans de xastre, non manchan a tela.
  • A conta dos traxes, aprenden os xastres. 
  • Quen non fai e desfai, non é bo xastre.
  • Costureira sen dedal, cose pouco e mal. 
  • Vinte oficios ten Adán, e de ningún gaña o pan.
  • Zapateiro remendón, xa no oficio leva o don.
  • O criado antigo, máis que criado é amigo.
  •  Na terra daquel home, o que non traballa non come.
  • Costureira sen dedal, cose pouco e mal.
  •  O que da o que ten, a pedir ven.
  • O que de vello quere folgar, de novo ten que traballar.
 
 
 
  • Xente nova e leña verde, tudo e fumo.
  • Cando naceu o sapo, naceu a sapa.

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario